Marina, José Antonio, "El síndrome de inmunodeficiencia social" , El Mundo Orbyt, 2012.
Resumo do
texto
O filósofo toledano
Jose Antonio Marina defende, neste artigo, a evidencia de que a nosa sociedade
sofre un grave síndrome de inmunodeficiencia. A sociedade, coma calquera outro
organismo, perdeu a súa capacidade para defenderse dun axente patóxeno, neste
caso a falta de ética e moralidade. Aceptamos o incidente como normal, pasamos
por alto toda clase de abusos e xa non nos escandalizamos por nada. A sociedade
está enferma e sometida a un proceso de intoxicación. A proliferación de casos
de corrupción no mundo político e empresarial, a perda de confianza nas
institucións estatais e a desmoralización xeral da poboación, son tan só algúns
dos síntomas que poñen de manifesto a precariedade da nosa “saúde social”. O
autor achaca esta enfermidade e diversos factores:
- Por un lado a
carencia total de pensamento crítico,
que nos leva a aplaudir feitos totalmente reprochables e a convertelos nun
espectáculo.
- O crecente
conformismo da poboación, que se escuda na inevitabilidade dos problemas,
xerando un sistema de escusas que os sume nunha impotencia confortable.
- A crenza
insidiosa de que a tolerancia é un gran virtude indiscutible, o que fai que
pasemos desapercibidos comportamentos totalmente deshonestos.
- E por último o
efecto tóxico da corrupción, caldo de cultivo de abusos, absentismo e
irresponsabilidade.
Do mesmo xeito,
Madina presenta algunha das curas para estas patoloxías:
- O castigo
exemplar
- Fomentar o
pensamento crítico
- Aumento da
participación cidadá nos asuntos públicos
- E a defensa dun
marco ético que rexeita calquera tipo de inxustiza
Claves sobre as que imos documentarnos
Listado dos
aspectos que me parecen máis interesantes e que suscitan a miña curiosidade á
hora de ampliar de coñecementos:
-
Autor
-
Síndrome de inmunodeficiencia
-
Pensamento crítico
-
Casos de corrupción
-
Cumbre de Lisboa
-
Informe Crick
-
Programa Eurydice
Fontes e explicación da relevancia
-Autor > José Antonio Marina
( nado en Toledo en 1939) é un catedrático, filósofo, ensaísta e pedagogo
español. Centrou a súa labor de investigación no estudo da intelixencia. É
autor, entre outros, de ensaios como Elogio y refutación del ingenio (Premio
Anagrama de Ensaio e Premio Nacional de Ensaio), Teoría de la inteligencia creadora e Por qué soy cristiano. É colaborador habitual en prensa, radio e
televisión. Actualmente atópase comprometido cos proxectos de Movilización
Educativa de Pais, que teñen por finalidade enfrontar os riscos educativos do
presente.
Fontes:
«Wikipedia» [En liña], http://es.wikipedia.org/wiki/Jos%C3%A9_Antonio_Marina [Consulta: 2 de Novembro de 2012]
«Aprender a pensar» [En liña], http://lanuevafrontera.aprenderapensar.net/
[Consulta: 2 de Novembro de 2012]
-Síndrome de inmunodeficiencia > Adoita referirse ao Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida (SIDA). Neste caso concreto aplícase nun contexto
social, referíndose á incapacidade dun organismo (a sociedade) para desenvolver
os seus sistemas de defensa que lle permiten afrontar todo tipo de ameazas.
Fontes:
«¿Qué es el SIDA?»
[En liña], http://www.aciprensa.com/sida/definicion.htm
[Consulta: 3 de Novembro de 2012]
-Pensamento
crítico > O
pensamento crítico, como corrente filosófica, xorde a mediados dos anos 70 en
Estados Unidos, e propón examinar a estrutura dos razoamentos sobre cuestións
da vida diaria. O seu nacemento foi resultado dunha sensación de insatisfacción
xeral cos cursos tradicionais da lóxica formal.
O principal obxectivo desta corrente é a
elaboración de xuízos racionais para
evitar as presións sociais que levan ao dogmatismo e conformismo. O pensamento
crítico busca recoñecer, entender e evitar os distintos enganos aos que leva a
vida cotiá.
Fontes:
«Universidad Nacional
Autónoma de México» [En liña], http://www.filosoficas.unam.mx/~Modus/MP2/mp2alex.htm
[Consulta: 3 de Novembro de 2012]
-Casos
de corrupción > Nos últimos anos, numerosos
membros da clase política nacional se viron envoltos en casos de corrupción. Estes
proliferaron de tal xeito que pasaron a converterse nunha das maiores
preocupacións dos españois. Algúns exemplos son:
Caso Gurtel: Rede
que subornaba a políticos do Partido Popular a cambio de adxudicacións de
contratos públicos. Algúns dos implicados foron o empresario Francisco Correa,
excalcaldes populares coma o de Majadahonda, Arganda del Rey e Pozuelo, entre
outros.
Caso Noos: De
maior relevancia debido á implicación da Casa Real, en concreto do Duque de
Palma, Iñaki Urdangarín. Foi acusado, xunto ao seu socio Diego Torres, de
desviar grandes cantidades de diñeiro público a través dunha organización sen
ánimo de lucro que Urdangarín presidía.
Caso Campeón: Fraude
de subvencións públicas que implica ao empresario galego Jorge Dorribo e ao
exministro socialista José Blanco. Varios cargos políticos foron acusados de
recibir distintas cantidades de diñeiro por axudar a Dorribo a conseguir
licencias e e subvencións.
Fontes:
«20minutos» [En liña], http://www.20minutos.es/noticia/1271027/0/mapa-corrupcion/grandes-procesos/abiertos-Espana/
[Consulta: 3 de Novembro de 2012]
-Cumbre
de Lisboa > Celebrada na capital portuguesa o 13
de Decembro de 2007. O “Tratado de Lisboa”, asinado por todos os estados membros
da Unión Europea (UE), substitúe á
Constitución para Europa tralo fracaso constitucional de 2004. Con este novo
tratado, a UE pasa a ter personalidade xurídica propia para asinar acordos
internacionais a nivel comunitario.
Fontes:
«Eurlex.eu» [En liña], http://eur-lex.europa.eu/es/treaties/dat/12007L/htm/12007L.html
[Consulta 3 de Novembro]
-Informe
Crick > Informe oficial sobre a educación de
valores cidadáns na xuventude. Elaborado por primeira vez en Inglaterra por
Bernard Crick, quen pretendía fomentar a responsabilidade social e moral, a
implicación comunitaria e a cultura política.
Fontes:
«Educación para
la Ciudadanía» [En liña], http://www.ciudadania.profes.net/ver_noticia.aspx?id=9992
[Consulta: 4 de Novembro de 2012]
-Programa
Eurydice > Programa de aprendizaxe permanente
cuxos obxectivos específicos son promover a cooperación europea en ámbitos que
cubran dous ou máis subprogramas e impulsar a calidade e transparencia dos
sistemas de ensinanza e formacións dos estados membros da UE.
Fontes:
«Ministerio de Educación» [En liña], http://www.educacion.gob.es/eurydice/que-es/beneficios.html
[Consulta: 4 de Novembro de 2012]
Conclusión
Nunha valoración xeral e persoal do artigo,
debo dicir que non estou de acordo con moitos dos puntos que trata (máis ben co
dogmatismo co que os trata). A pesares disto, si recomendo a súa lectura e
valoración, pois é moi interesante a forma na que pon de manifesto algúns
síntomas padecidos polas sociedades actuais.
Concordo coa existencia desa “sobreinmunización”
social que a poboación está adquirindo, e que nos fai pasar por alto moitos
comportamentos que son realmente reprochables (xa non moralmente, senón no
ámbito xurídico e legal). Acepto que a sociedade vai perdendo a capacidade de
análise crítico, caendo nun dogmatismo perigoso e facilmente manipulable por
políticos e medios de comunicación. Por outra banda, difiro bastante en todo o
parágrafo dedicado á “tolerancia”, que me parece excesivamente doutrinal e
demagóxico.
En xeral o autor expón o tema e os seus argumentos con claridade, o que facilita a súa análise e comprensión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario