Espazo creado para a asignatura de Documentación Informativa. Xornalismo (USC).

domingo, 21 de octubre de 2012

Introdución á Documentación Informativa


Neste breve traballo tratarei de explicar as características principais da Documentación Informativa. Fixar a súa definición, principios, función, orixe e evolución. Finalmente, analizarei o papel que xoga no mundo da Comunicación, e a súa estreita relación co xornalismo e os medios.


-Introdución

“A documentación é unha disciplina científica que trata de recompilar, almacenar, analizar e difundir información contida en documentos de distinto tipo para facela accesible a calquera persoa que poida necesitala”. É tan só unhas das moitas definicións que se aplican ao concepto de Documentación Informativa. Esta traballou historicamente para o campo da investigación científica, pero co auxe da “Sociedade da Información” deixou de ser un terreo exclusivo dos documentalistas, para converterse nunha das ferramentas máis eficaces para os profesionais da Información. Pasou a ser considerada máis como unha técnica, unha ferramenta para a recuperación e difusión informativa nos medios de comunicación. Nunha sociedade onde prima o coñecemento e a especialización, un xornalista debe estar correctamente documentado para afrontar o seu traballo con eficiencia e credibilidade.

-Orixe e evolución

“Documentación” ten a súa raíz no termo documento. Etimoloxicamente procede dos termos latinos: documentum, documenta, documentatio. A raíz do termo Documentum está en docere (Ensinar).

Os precedentes da documentación están nas tarefas bibliográficas, iniciadas no Renacemento e co comezo das publicacións periódicas científicas na segunda metade do s. XVII.

Como disciplina emerxe a finais do século XIX coa chamada “explosión da información”. Esta consistiu nun incremento sen precedentes da cantidade de información publicada e dispoñible. Foi neste panorama onde xurdiu a Documentación, para resolver mediante métodos científicos a organización e circulación desta inxente cantidade de información. En palabras de Ortega y Gasset: “si cada generación sigue acumulando papel impreso en la proporción de las últimas, el problema que plantea el exceso de libros es pavoroso. La cultura que había liberado al hombre  de la selva primigenia, le arroja de nuevo en una selva de libros no menos inextricable y ahogadora”.

O concepto adquiriu un fin específico, focalizado en saber onde atopar a información e como organizala, pero co paso do tempo este foise estendendo, comezando a abarcar moitos outros campos. A Documentación evolucionou como unha disciplina científica que trataba de recompilar, almacenar, analizar e difundir información contida en documentos de moi distinto tipo, para facela accesible a calquera persoa que puidera necesitala. Deste xeito foron xurdindo  unidades de información encargadas de xestionar e difundir a documentación dunha área específica, os chamados “Centros de Documentación” (que se dividen por áreas, por exemplo a xornalística).

-Centros de Documentación

Neles desenvólvense unha serie de operación básicas que teñen como obxectivo poñer a disposición dos usuarios o fondo almacenado e que ese fondo sexa de doado acceso:

-Selección de documentos
-Análise dos documentos seleccionados (descrición, clasificación, indexación, resumo)
-Establecemento de sistemas de recuperación dos documentos
-Deseño de políticas de difusión da información albergada no centro

-Principios de la documentación informativa

Podémolos resumir en:

· Principio verificativo: A base da documentación consiste en comprobar a veracidadade dos textos e referencias que se analizan.
· Explicativo: A documentación permite potenciar e aclarar os textos que se usan para realizar traballos en distintos campos.
· Editorial: A inxente cantidade de información e a súa clasificación e organización permite documentarse seguindo distintas liñas editoriais.
· Perdurabilidade: A documentación permite fixar a información, garantindo a súa permanencia e futura utilidade.
· Adecuación funcional: A actividade documental orientase ao tratamento de cada medio documental de acordo coas súas características específicas (Bibliotecas, bases de datos, etc)
· Limitativo: Supón o conxunto de circunstancias reais da actividade documental que limitan o seu exercicio (Localización, accesibilidade,etc)

-Función e obxectivos

Con todo o anterior concluímos que a Documentación ten como obxectivo a selección, análise, recuperación e difusión dos documentos co obxectivo de poder facilitar información ós usuarios. Ademais ocúpase da organización e xestión dos centros nos que se desenvolven estas operacións (xa sexan bibliotecas ou centros de documentación).

Os seus obxectivos e finalidade son, por tanto:

· Saber buscar
· Saber identificar
· Saber seleccionar
· Saber clasificar

-Aportacións da disciplina ás ciencias da Información

A Documentación Informativa é intrínseca aos medios de comunicación, é o eixo fundamental do traballo xornalístico. Toda peza informativa  require unha documentación previa, unha búsqueda, análise e interpretación de todo tipo de fontes. Dunha boa labor documental dependerá o valor da noticia e a credibilidade do profesional.
Fronte toda a maraña de información coa que nos atopamos cada vez que investigamos, a nosa única saída é saber buscar, coñecer e dominara estratexia documental. Tres requisitos indispensables para saber, e poder, buscar información eficazmente:

-Coñecer que tipos de fontes de información existen (Directas, documentais, etc)
-Saber onde localizalas (Centros de documentación, blibliotecas, bases de datos,etc)
-Unha vez conseguidos, saber tratalos axeitadamente para aproveitar toda a información útil.

Documentación é un proceso que axuda a activar a nosa actitude crítica, a resolver os noso problemas como buscadores de información e, en definitiva, a entender, controlar e actuar sobre o universo de mensaxes no que nos movemos, e que constitúen o noso entorno vital.

-Bibliografía

· Historia de la Ciencia de la Documentación                                                                             (http://ccdoc-histccdocumentacion.blogspot.com.es/)
· La Documentación: Concepto y contexto científico (http://www.ucm.es/info/multidoc/prof/fvalle/tema2.htm)
· La documentación, herramienta básica del periodista y del comunicador (http://grupo.us.es/grehcco/ambitos05/hernandez.pdf)
· Análisis y tratamiento documental en medios de comunicación impresos en la era digital (http://www.ucm.es/info/multidoc/multidoc/cursos/verano/material/FELIX%20DEL%20VALLE/fvalleEV2.htm)
· Documentación en Medios de Comunicación                       (http://campus.usal.es/~coloquiobyd/)

miércoles, 10 de octubre de 2012

Manifestación "Rodea el Congreso" (25-S)


Análise da convocatoria 

Que pasou o 25/9/12 en Madrid?

Milleiros de persoas (6.000 segundo a Delegación do Goberno) realizaron unha manifestación nas proximidades do Congreso dos Deputados. Aínda que os convocantes insistiron ate o último momento en que se trataba dunha protesta pacífica, a tensión entre policías e manifestantes acabou con varias cargas violentas. A protesta saldouse con 35 detidos e 64 feridos.

Fonte: http://politica.elpais.com/politica/2012/09/25/album/1348574023_950325.html#1348574023_950325_1348981427

Que papel xogou a policía?

Máis de 1.300 axentes, procedentes das Unidades de Intervención Policial (UIP), foron despregados en Madrid (O gran número de efectivos foi xustificado pola difícil tarefa de calcular a afluencia que tería a protesta). Durante a tarde, os corpos policiais pecharon varios aneis en torno á Cámara baixa para impedir o paso dos manifestantes. A manifestación transcorría sen apenas incidentes ata que un pequeno grupo de alborotadores (incitados por axentes de incógnito) tratou de romper parte do balado policial. Neste momento produciuse a primeira carga. Os axentes entraron e desaloxaron pola forza aos manifestantes que estaban pegados aos aneis, e levaron a cabo algunhas detencións. Esta primeira intervención quentou os ánimos, e a congregación converteuse nunha batalla campal.

Que papel xogaron os manifestantes?

A súa actitude foi pacífica durante toda a tarde, limitándose ao canto de consignas; pero cando ese primeiro grupo tratou de saltarse o cordón policial, a situación descontrolouse. Cando os antidisturbios intentaron dispersar pola forza aos manifestantes moitos trataron de fuxir polas rúas anexas, outros intentaron unha resistencia pacífica mentres que unha minoría se encararou contra os axentes, chegando a lanzarlles pedras ou botellas. Xa entrada a noite, moita xente aínda permanecía na Praza de Neptuno, increpando aos policías e recibindo cargas ata altas horas da madrugada.

Fonte: http://politica.elpais.com/politica/2012/09/25/album/1348574023_950325.html#1348574023_950325_1348600470

Que papel xogou a clase política? Cantos diputados asistían ao pleno?

Ao pleno do Congreso tan só asistiron 50 dos 350 deputados e os papeis que xogaron foron dispares.

Que pasou no pleno do Congreso?

Dende a cámara escoitábanse os gritos e consignas da protesta, o que provocou distintas reaccións entre os parlamentarios. Mentres Carlos Floriano, número 3 do PP, calificaba aos manifestantes de extremistas e antisistema, outros deputados como os de EU aproveitaron as súas intervencións para apoiar a convocatoria, e incluso se sumaron a ela.



Por que foi a concentración. Quen a convocou?

O descontento cidadán ante os últimos recortes do Goberno e o distanciamento xeral da clase política. A protesta foi convocada pola coordinadora do 25-S e pola plataforma “Ponte en pie”. Foi un chamamento masivo a través das redes sociais.

Onde vistedes as noticias?

Seguín a manifestación en directo a través de varios medios dixitais (elpais.com, elmundo.es, etc) e algunhas redes sociais (como Twitter), e o día seguinte ampliei a información cos medios en papel.

Como valorades esa información recibida?

Nun principio bastante confusa e sesgada, pero unha vez profundizas nas versións dadas polos distintos medios podes facerte unha idea, máis ou menos acertada, do que aconteceu realmente.

Fonte: http://politica.elpais.com/politica/2012/09/25/album/1348574023_950325.html#1348574023_950325_1348599770


Que lle faltaba a esa información?

Datos sobre os excesos cometidos (tanto por parte dos manifestantes coma dos antidisturbios), as reaccións dos distintos grupos políticos e, sobre todo, información veraz acerca dos axentes de incógnito infiltrados na manifestación, e o seu papel no desenvolvemento da protesta.

Que consecuencias ou qué lectura se pode facer ou entresacamos da concentración / manifestacións?

En primero lugar, a noticia pon de manifesto o profundo sentimento de malestar que existe en gran parte de sociedade española. Tamén se reaviva a polémica arredor da labor dos corpos de policía, criticando duramente os excesos cometidos.
A nivel xornalístico, podemos observar as grandes diferenzas que se dan no tratamento dunha mesma noticia dependendo da liña editorial de cada medio, algo moi claro en temas tan conflitivos e manipulables coma este.
Por último, tamén se retoma o debate acerca dos límites do dereito de manifestación.

¿Que outras preguntas habería que facerse?

¿A manifestación representa realmente o malestar da maior parte da poboación española? ¿Cal é a función dos antidisturbios? ¿Desempeñan esta labor correctamente? ¿Quen debería tomar responsabilidades? ¿Debe ter limitacións o dereito de manifestación no espazo público? ¿Cales e por que? Entre outras....

Fonte: http://politica.elpais.com/politica/2012/09/25/album/1348574023_950325.html#1348574023_950325_1348690978


"Por encima de las posibilidades ¿de quién?" (Carta ao director, elpais.com)


martes, 2 de octubre de 2012

Eleccións ao Parlamento Galego (21-O)


Guión do debate

1º Contexto no que se dan as eleccións:
(Será desenvolto polo moderador) *Aprox. 5´
· 1.1- Adianto electoral
· 1.2- Coincidencia cos comicios vascos
· 1.3- Situación socio-económica e política de España

2º Partidos que concorren nas urnas:
(Breve presentación dos líderes de cada partido. Exposición, a grandes rasgos, das súas ideas e propostas principais; sen opción a preguntas nin réplicas) *Aprox. 5´ cada un.

3º Bloques do debate:
. 3.1- Medidas adoptadas na última lexislatura polo actual Goberno. Balance xeral.
(Argumentacións e réplicas) *15´
. 3.2- Situación e política económica
(Propostas e Interpelacións) * 10´
. 3.2- Política social
(Propostas e Interpelacións) *10´
. 3.3- Estado de Benestar e Servizos Públicos
(Propostas e Interpelacións) *10´
. 3.4- Política lingüística
(Propostas e Interpelacións) *10´
. 3.5- Outros
(Rolda de interpelacións sobre os temas que os participantes consideren oportunos) *15´

4º Rolda de preguntas dos asistentes:
(Conducidas polo moderador) *15´

5º Conclusións:
(Cada representante presentará unha conclusión a modo de peche) *3´cada un.