Espazo creado para a asignatura de Documentación Informativa. Xornalismo (USC).

domingo, 21 de octubre de 2012

Introdución á Documentación Informativa


Neste breve traballo tratarei de explicar as características principais da Documentación Informativa. Fixar a súa definición, principios, función, orixe e evolución. Finalmente, analizarei o papel que xoga no mundo da Comunicación, e a súa estreita relación co xornalismo e os medios.


-Introdución

“A documentación é unha disciplina científica que trata de recompilar, almacenar, analizar e difundir información contida en documentos de distinto tipo para facela accesible a calquera persoa que poida necesitala”. É tan só unhas das moitas definicións que se aplican ao concepto de Documentación Informativa. Esta traballou historicamente para o campo da investigación científica, pero co auxe da “Sociedade da Información” deixou de ser un terreo exclusivo dos documentalistas, para converterse nunha das ferramentas máis eficaces para os profesionais da Información. Pasou a ser considerada máis como unha técnica, unha ferramenta para a recuperación e difusión informativa nos medios de comunicación. Nunha sociedade onde prima o coñecemento e a especialización, un xornalista debe estar correctamente documentado para afrontar o seu traballo con eficiencia e credibilidade.

-Orixe e evolución

“Documentación” ten a súa raíz no termo documento. Etimoloxicamente procede dos termos latinos: documentum, documenta, documentatio. A raíz do termo Documentum está en docere (Ensinar).

Os precedentes da documentación están nas tarefas bibliográficas, iniciadas no Renacemento e co comezo das publicacións periódicas científicas na segunda metade do s. XVII.

Como disciplina emerxe a finais do século XIX coa chamada “explosión da información”. Esta consistiu nun incremento sen precedentes da cantidade de información publicada e dispoñible. Foi neste panorama onde xurdiu a Documentación, para resolver mediante métodos científicos a organización e circulación desta inxente cantidade de información. En palabras de Ortega y Gasset: “si cada generación sigue acumulando papel impreso en la proporción de las últimas, el problema que plantea el exceso de libros es pavoroso. La cultura que había liberado al hombre  de la selva primigenia, le arroja de nuevo en una selva de libros no menos inextricable y ahogadora”.

O concepto adquiriu un fin específico, focalizado en saber onde atopar a información e como organizala, pero co paso do tempo este foise estendendo, comezando a abarcar moitos outros campos. A Documentación evolucionou como unha disciplina científica que trataba de recompilar, almacenar, analizar e difundir información contida en documentos de moi distinto tipo, para facela accesible a calquera persoa que puidera necesitala. Deste xeito foron xurdindo  unidades de información encargadas de xestionar e difundir a documentación dunha área específica, os chamados “Centros de Documentación” (que se dividen por áreas, por exemplo a xornalística).

-Centros de Documentación

Neles desenvólvense unha serie de operación básicas que teñen como obxectivo poñer a disposición dos usuarios o fondo almacenado e que ese fondo sexa de doado acceso:

-Selección de documentos
-Análise dos documentos seleccionados (descrición, clasificación, indexación, resumo)
-Establecemento de sistemas de recuperación dos documentos
-Deseño de políticas de difusión da información albergada no centro

-Principios de la documentación informativa

Podémolos resumir en:

· Principio verificativo: A base da documentación consiste en comprobar a veracidadade dos textos e referencias que se analizan.
· Explicativo: A documentación permite potenciar e aclarar os textos que se usan para realizar traballos en distintos campos.
· Editorial: A inxente cantidade de información e a súa clasificación e organización permite documentarse seguindo distintas liñas editoriais.
· Perdurabilidade: A documentación permite fixar a información, garantindo a súa permanencia e futura utilidade.
· Adecuación funcional: A actividade documental orientase ao tratamento de cada medio documental de acordo coas súas características específicas (Bibliotecas, bases de datos, etc)
· Limitativo: Supón o conxunto de circunstancias reais da actividade documental que limitan o seu exercicio (Localización, accesibilidade,etc)

-Función e obxectivos

Con todo o anterior concluímos que a Documentación ten como obxectivo a selección, análise, recuperación e difusión dos documentos co obxectivo de poder facilitar información ós usuarios. Ademais ocúpase da organización e xestión dos centros nos que se desenvolven estas operacións (xa sexan bibliotecas ou centros de documentación).

Os seus obxectivos e finalidade son, por tanto:

· Saber buscar
· Saber identificar
· Saber seleccionar
· Saber clasificar

-Aportacións da disciplina ás ciencias da Información

A Documentación Informativa é intrínseca aos medios de comunicación, é o eixo fundamental do traballo xornalístico. Toda peza informativa  require unha documentación previa, unha búsqueda, análise e interpretación de todo tipo de fontes. Dunha boa labor documental dependerá o valor da noticia e a credibilidade do profesional.
Fronte toda a maraña de información coa que nos atopamos cada vez que investigamos, a nosa única saída é saber buscar, coñecer e dominara estratexia documental. Tres requisitos indispensables para saber, e poder, buscar información eficazmente:

-Coñecer que tipos de fontes de información existen (Directas, documentais, etc)
-Saber onde localizalas (Centros de documentación, blibliotecas, bases de datos,etc)
-Unha vez conseguidos, saber tratalos axeitadamente para aproveitar toda a información útil.

Documentación é un proceso que axuda a activar a nosa actitude crítica, a resolver os noso problemas como buscadores de información e, en definitiva, a entender, controlar e actuar sobre o universo de mensaxes no que nos movemos, e que constitúen o noso entorno vital.

-Bibliografía

· Historia de la Ciencia de la Documentación                                                                             (http://ccdoc-histccdocumentacion.blogspot.com.es/)
· La Documentación: Concepto y contexto científico (http://www.ucm.es/info/multidoc/prof/fvalle/tema2.htm)
· La documentación, herramienta básica del periodista y del comunicador (http://grupo.us.es/grehcco/ambitos05/hernandez.pdf)
· Análisis y tratamiento documental en medios de comunicación impresos en la era digital (http://www.ucm.es/info/multidoc/multidoc/cursos/verano/material/FELIX%20DEL%20VALLE/fvalleEV2.htm)
· Documentación en Medios de Comunicación                       (http://campus.usal.es/~coloquiobyd/)

No hay comentarios:

Publicar un comentario