Análise da convocatoria
Que pasou o
25/9/12 en Madrid?
Milleiros
de persoas (6.000 segundo a Delegación do Goberno) realizaron unha
manifestación nas proximidades do Congreso dos Deputados. Aínda que os
convocantes insistiron ate o último momento en que se trataba dunha protesta
pacífica, a tensión entre policías e manifestantes acabou con varias cargas
violentas. A protesta saldouse con 35 detidos e 64 feridos.
Fonte: http://politica.elpais.com/politica/2012/09/25/album/1348574023_950325.html#1348574023_950325_1348981427 |
Que papel
xogou a policía?
Máis
de 1.300 axentes, procedentes das Unidades de Intervención Policial (UIP),
foron despregados en Madrid (O gran número de efectivos foi xustificado pola
difícil tarefa de calcular a afluencia que tería a protesta). Durante a tarde,
os corpos policiais pecharon varios aneis en torno á Cámara baixa para impedir
o paso dos manifestantes. A manifestación transcorría sen apenas incidentes ata
que un pequeno grupo de alborotadores (incitados por axentes de incógnito)
tratou de romper parte do balado policial. Neste momento produciuse a primeira
carga. Os axentes entraron e desaloxaron pola forza aos manifestantes que
estaban pegados aos aneis, e levaron a cabo algunhas detencións. Esta primeira intervención
quentou os ánimos, e a congregación converteuse nunha batalla campal.
Que papel
xogaron os manifestantes?
A
súa actitude foi pacífica durante toda a tarde, limitándose ao canto de
consignas; pero cando ese primeiro grupo tratou de saltarse o cordón policial,
a situación descontrolouse. Cando os antidisturbios intentaron dispersar pola
forza aos manifestantes moitos trataron de fuxir polas rúas anexas, outros intentaron
unha resistencia pacífica mentres que unha minoría se encararou contra os axentes,
chegando a lanzarlles pedras ou botellas. Xa entrada a noite, moita xente aínda
permanecía na Praza de Neptuno, increpando aos policías e recibindo cargas ata
altas horas da madrugada.
Fonte: http://politica.elpais.com/politica/2012/09/25/album/1348574023_950325.html#1348574023_950325_1348600470 |
Que papel
xogou a clase política? Cantos diputados asistían ao pleno?
Ao
pleno do Congreso tan só asistiron 50 dos 350 deputados e os papeis que xogaron
foron dispares.
Que pasou no
pleno do Congreso?
Dende
a cámara escoitábanse os gritos e consignas da protesta, o que provocou
distintas reaccións entre os parlamentarios. Mentres Carlos Floriano, número 3
do PP, calificaba aos manifestantes de extremistas e antisistema, outros
deputados como os de EU aproveitaron as súas intervencións para apoiar a
convocatoria, e incluso se sumaron a ela.
Por que foi a
concentración. Quen a convocou?
O
descontento cidadán ante os últimos recortes do Goberno e o distanciamento
xeral da clase política. A protesta foi convocada pola coordinadora do 25-S e
pola plataforma “Ponte en pie”. Foi un chamamento masivo a través das redes
sociais.
Onde vistedes
as noticias?
Seguín
a manifestación en directo a través de varios medios dixitais (elpais.com,
elmundo.es, etc) e algunhas redes sociais (como Twitter), e o día seguinte
ampliei a información cos medios en papel.
Como valorades
esa información recibida?
Nun
principio bastante confusa e sesgada, pero unha vez profundizas nas versións
dadas polos distintos medios podes facerte unha idea, máis ou menos acertada,
do que aconteceu realmente.
Fonte: http://politica.elpais.com/politica/2012/09/25/album/1348574023_950325.html#1348574023_950325_1348599770 |
Que lle
faltaba a esa información?
Datos sobre os excesos cometidos (tanto por parte dos manifestantes coma dos
antidisturbios), as reaccións dos distintos grupos políticos e, sobre todo,
información veraz acerca dos axentes de incógnito infiltrados na manifestación,
e o seu papel no desenvolvemento da protesta.
Que
consecuencias ou qué lectura se pode facer ou entresacamos da concentración /
manifestacións?
En
primero lugar, a noticia pon de manifesto o profundo sentimento de malestar que
existe en gran parte de sociedade española. Tamén se reaviva a polémica arredor
da labor dos corpos de policía, criticando duramente os excesos cometidos.
A
nivel xornalístico, podemos observar as grandes diferenzas que se dan no
tratamento dunha mesma noticia dependendo da liña editorial de cada medio, algo
moi claro en temas tan conflitivos e manipulables coma este.
Por
último, tamén se retoma o debate acerca dos límites do dereito de manifestación.
¿Que outras
preguntas habería que facerse?
¿A
manifestación representa realmente o malestar da maior parte da poboación
española? ¿Cal é a función dos antidisturbios? ¿Desempeñan esta labor
correctamente? ¿Quen debería tomar responsabilidades? ¿Debe ter limitacións o
dereito de manifestación no espazo público? ¿Cales e por que? Entre outras....
Fonte: http://politica.elpais.com/politica/2012/09/25/album/1348574023_950325.html#1348574023_950325_1348690978 |
"Por encima de
las posibilidades ¿de quién?" (Carta ao director, elpais.com)
No hay comentarios:
Publicar un comentario