Espazo creado para a asignatura de Documentación Informativa. Xornalismo (USC).

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Oh, todopoderoso Google!




Milleiros de usuarios de todo o mundo, ávidos de información sobre os máis diversos temas, escollen cada día este buscador como o seu primeiro paso cara o coñecemento e a sabiduría.
Google.com é a páxina web máis visitada de toda Internet (por riba de grandes competidores como Facebook ou Youtube). Está considerado o mellor buscador de todos os tempos e permite a millóns de persoas acceder a inxentes cantidades de información, de maneira rápida e organizada. De feito, máis do 75% das búsquedas online que se realizan no mundo fanse a través de Google Search. Isto supón un auténtico monopolio informativo do que, por suposto, os seus propietarios sacan enorme proveito. Google non é tan só un buscador, é publicidade, é negocio movido por intereses persoais. Privilexia os seus produtos sobre terceiros para obter vantaxes baseadas neste monopolio de búsqueda. Eles, e só eles, elixen o que podemos ver e o que non, o que podemos atopar ou o que nos estará vedado. Non digo que isto sexa malo, están no seu lexítimo dereito de facelo, pero nós, como futuros documentalistas ou profesionais da información, estamos na obriga de fuxir das fontes de información manipulables e sesgadas.
Por sorte, Google non é a única opción. Yahoo, Ask ou Excite son tan só algúns dos nomes doutros buscadores xeneralistas. Pero tamén destes deberiamos fuxir se o noso obxectivo é un profundo traballo de investigación. Para iso existen os multibuscadores, metabuscadores e buscadores especializados:

-Multibuscadores: Sitios que permiten  a consulta simultánea en diversos motores de busca e índices temáticos da rede a partir dunha consulta única, presentando os resultados de cada motor ou índice por separado. Ofrecen un listado de buscadores ou directorios aos que enviará esa consulta. O usuario pode elixir incluso os sistemas que quere utilizar. Prima a exhaustividade sobre a precisión, xa que o usuario atoparase cunha enorme cantidade de enlaces e páxinas repetidas, e terá que  revisar os resultados de cada buscador ou directorio de forma separada.

-Metabuscadores: Solucionan a principal dificultade dos multibuscadores, a devolución dos resultados separados por motor de busca. Son instrumentos de busca de recursos que usan os índices de varios buscadores para responder ás consultas dos usuarios. Recollen os mellores resultados que ofrecen os motores de busca para unha consulta específica. Filtran. Evitan a realización das consultas con distintas ferramentas. Un metabuscador, polo tanto, xerará un único listado de páxinas web que responden ás condicións de busca, incorporando no listado todos os resultados obtidos e ordenados segundo un algoritmo propio, que soe ter en conta a posición que ocupa a páxina nos resultados dos diferentes motores de busca.

-Buscadores especializados: Sistemas de información que actúan nun dominio concreto, con acceso a contidos de calidade sobre esa área específica que hai na web. Funcionan sobre páxinas non indexadas polos motores de busca xeneralistas e, incluso, na web invisible. Son máis funcionais e cun maior potencial de busca. Desvantaxe, que hai que usar distintos buscadores segundo o campo especializado, en función da temática.

Lembrade, Google non ten todas as repostas.


Bibliografía:
-Lamarca Lapuente, María Jesús. “Tipos de buscadores” [en liña]. Hipertexto. El nuevo concepto de documento en la cultura digital. <http://www.hipertexto.info/documentos/tipos_buscador.htm> [Consulta: Novembro 2012]
-Lamarca Lapuente, María Jesús. “Principales Buscadores” [en liña]. Hipertexto. El nuevo concepto de documento en la cultura digital. <http://www.hipertexto.info/documentos/princip_buscad.htm> [Consulta: Novembro 2012]
-Martínez Sanz, Fco. Javier. “Multibuscadores” [en liña]. Documentamania. <http://usuarios.multimania.es/documentamania/multibuscadores.htm> [Consulta: Novembro 2012]

-Pedraza, Rafael; Codina, Lluís. “Motores de búsqueda para usos académicos” [en liña]. Slideshare.net, 2009. <http://www.slideshare.net/rpedraza/buscadores-academicos-v2> [Consulta: Novembro 2012]

jueves, 15 de noviembre de 2012

Cómo avaliar fontes de información


Calquera fonte de información (impresa ou dixital) debe cumprir uns criterios mínimos de calidade e fiabilidade, que determinarán a súa validez e utilidade. É moi importante , tanto para o documentalista como para os profesionais da información, analizar os diversos parámetros que permiten distinguir e clasificar as fontes.

Os principais puntos a ter en conta son os seguintes:

Fontes impresas


-Autor: Que estea claramente determinada a autoría do documento e a súa responsabilidade na obra. Valórase que sexa un autor coñecido, con experiencia no tema, e a súa pertenza a algunha entidade que o acredite.
-Audiencia: É moi relevante coñecer o tipo de audiencia ao que se dirixe a fonte ou obra concreta, para saber se nos resultará útil oi non.
-Data: O período cronolóxico que abarca a obra tamén  é moi importante, así como a súa data de publicación (para saber se está actualizada ou precisa dunha nova perspectiva).
-Tipo de fonte: Resulta fundamental coñecer o tipo de obra coa que estamos tratando (sexa un libro, un artigo dunha revista científica ou divulgativa, un xornal, etc). As normas de cada editorial varían segundo o tipo de fonte. Nas revistas científicas, por exemplo, os artigos son revisados previamente por un comité de expertos na materia, mentres que nunha divulgativa só están revisados polo editor.
-Editor: Ao igual que no caso do autor, valórase que a fonte editorial sexa un especialista na materia, e estea acreditado por organismos oficiais (como universidades ou asociacións profesionais).
-Contido: Cando avaliamos a calidade da información  buscamos a precisión dos feitos. A información presentada debe ser verídica e relevante, desenvolvida de forma ampla e clara, utilizando argumentacións lóxicas e feitos documentados.

Fontes dixitais


-Autoría: É fundamental en calquera tipo de fonte. O responsable, sexa unha persoa ou institución, debe estar ben identificado e aportar credibilidade ao contido. Valórase de igual xeito a súa experiencia no tema, a posibilidade de contactar con el, as súas acreditacións profesionais, etc
-Contido: Debemos avaliar o nivel de profundidade que ten o recurso. Valorar si engade información valiosa, se cubre o tema con profundidade, se os feitos están contrastados e cita a bibliografía ou documentación utilizada.
-Navegación e acceso á información: É fundamental que a fonte dispoña dun sistema de navegación ordenada para que a información sexa facilmente accesible e recuperable. Sería valioso que aportara un sistema de búsqueda organizado e xerárquico, incluíndo índices temáticos do contido.
-Ergonomía: Que a utilización da información sexa fácil e cómoda, mantendo a uniformidade en temas de deseño, formato, fotos, cor,...
-Visualización agradable: Sempre é un punto a favor que non se precise de programas adicionais para visualizar os contidos e, si son necesarios, que sexan facilmente dispoñibles.
-Luminosidade: Presenza e calidade de enlaces externos (e que por suposto estean actualizados).
-Visibilidade (Non confundir con visualización): Número de enlaces que recibe de outros recursos, presenza de metaetiquetas, título da web na barra do navegador.

Bibliografía:
-New York University. Bobst Library. How to evaluate Information [en liña] < http://library.nyu.edu/research/tutorials/evaluate > [Consulta: Novembro 2012]
-Universidad de Málaga. Biblioteca. Autoformación: cómo evaluar fuentes de información [en liña]: http://www.uma.es/ficha.php?id=78348 [Consulta: Novembro 2012]

domingo, 4 de noviembre de 2012

Como documentar contidos alleos

"Unha sociedade enferma"

Marina, José Antonio, "El síndrome de inmunodeficiencia social" ,  El Mundo Orbyt, 2012.






Resumo do texto

O filósofo toledano Jose Antonio Marina defende, neste artigo, a evidencia de que a nosa sociedade sofre un grave síndrome de inmunodeficiencia. A sociedade, coma calquera outro organismo, perdeu a súa capacidade para defenderse dun axente patóxeno, neste caso a falta de ética e moralidade. Aceptamos o incidente como normal, pasamos por alto toda clase de abusos e xa non nos escandalizamos por nada. A sociedade está enferma e sometida a un proceso de intoxicación. A proliferación de casos de corrupción no mundo político e empresarial, a perda de confianza nas institucións estatais e a desmoralización xeral da poboación, son tan só algúns dos síntomas que poñen de manifesto a precariedade da nosa “saúde social”. O autor achaca esta enfermidade e diversos factores:

- Por un lado a carencia total de pensamento crítico, que nos leva a aplaudir feitos totalmente reprochables e a convertelos nun espectáculo.
- O crecente conformismo da poboación, que se escuda na inevitabilidade dos problemas, xerando un sistema de escusas que os sume nunha impotencia confortable.
- A crenza insidiosa de que a tolerancia é un gran virtude indiscutible, o que fai que pasemos desapercibidos comportamentos totalmente deshonestos.
- E por último o efecto tóxico da corrupción, caldo de cultivo de abusos, absentismo e irresponsabilidade.

Do mesmo xeito, Madina presenta algunha das curas para estas patoloxías:

- O castigo exemplar
- Fomentar o pensamento crítico
- Aumento da participación cidadá nos asuntos públicos
- E a defensa dun marco ético que rexeita calquera tipo de inxustiza

Claves sobre as que imos documentarnos

Listado dos aspectos que me parecen máis interesantes e que suscitan a miña curiosidade á hora de ampliar de coñecementos:

-        Autor
-        Síndrome de inmunodeficiencia
-        Pensamento crítico
-        Casos de corrupción
-        Cumbre de Lisboa
-        Informe Crick
-        Programa Eurydice

Fontes e explicación da relevancia

-Autor > José Antonio Marina ( nado en Toledo en 1939) é un catedrático, filósofo, ensaísta e pedagogo español. Centrou a súa labor de investigación no estudo da intelixencia. É autor, entre outros, de ensaios como  Elogio y refutación del ingenio (Premio Anagrama de Ensaio e Premio Nacional de Ensaio), Teoría de la inteligencia creadora e Por qué soy cristiano. É colaborador habitual en prensa, radio e televisión. Actualmente atópase comprometido cos proxectos de Movilización Educativa de Pais, que teñen por finalidade enfrontar os riscos educativos do presente.

Fontes:

«Wikipedia» [En liña], http://es.wikipedia.org/wiki/Jos%C3%A9_Antonio_Marina  [Consulta: 2 de Novembro de 2012]

«Aprender a pensar» [En liña], http://lanuevafrontera.aprenderapensar.net/  [Consulta: 2 de Novembro de 2012]

-Síndrome de inmunodeficiencia > Adoita referirse ao Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida (SIDA).  Neste caso concreto aplícase nun contexto social, referíndose á incapacidade dun organismo (a sociedade) para desenvolver os seus sistemas de defensa que lle permiten afrontar todo tipo de ameazas.

Fontes:

«RAE» [En liña], http://www.rae.es/rae.html  [Consulta: 2 de Novembro de 2012]

«OMS» [En liña], http://www.who.int/es/ [Consulta: 2 de Novembro]

«¿Qué es el SIDA?» [En liña], http://www.aciprensa.com/sida/definicion.htm  [Consulta: 3 de Novembro de 2012]

-Pensamento crítico  > O pensamento crítico, como corrente filosófica, xorde a mediados dos anos 70 en Estados Unidos, e propón examinar a estrutura dos razoamentos sobre cuestións da vida diaria. O seu nacemento foi resultado dunha sensación de insatisfacción xeral cos cursos tradicionais da lóxica formal.
O principal obxectivo desta corrente é a elaboración de xuízos racionais  para evitar as presións sociais que levan ao dogmatismo e conformismo. O pensamento crítico busca recoñecer, entender e evitar os distintos enganos aos que leva a vida cotiá.

Fontes:

«Universidad Nacional Autónoma de México» [En liña], http://www.filosoficas.unam.mx/~Modus/MP2/mp2alex.htm  [Consulta: 3 de Novembro de 2012]

-Casos de corrupción > Nos últimos anos, numerosos membros da clase política nacional se viron envoltos en casos de corrupción. Estes proliferaron de tal xeito que pasaron a converterse nunha das maiores preocupacións dos españois. Algúns exemplos son:

Caso Gurtel: Rede que subornaba a políticos do Partido Popular a cambio de adxudicacións de contratos públicos. Algúns dos implicados foron o empresario Francisco Correa, excalcaldes populares coma o de Majadahonda, Arganda del Rey e Pozuelo, entre outros.

Caso Noos: De maior relevancia debido á implicación da Casa Real, en concreto do Duque de Palma, Iñaki Urdangarín. Foi acusado, xunto ao seu socio Diego Torres, de desviar grandes cantidades de diñeiro público a través dunha organización sen ánimo de lucro que Urdangarín presidía.

Caso Campeón: Fraude de subvencións públicas que implica ao empresario galego Jorge Dorribo e ao exministro socialista José Blanco. Varios cargos políticos foron acusados de recibir distintas cantidades de diñeiro por axudar a Dorribo a conseguir licencias e e subvencións.

Fontes:

«20minutos» [En liña], http://www.20minutos.es/noticia/1271027/0/mapa-corrupcion/grandes-procesos/abiertos-Espana/ [Consulta: 3 de Novembro de 2012]

«CIS» [En liña], http://www.cis.es/cis/opencms/ES/index.html# [Consulta: 3 de Novembro de 2012]

-Cumbre de Lisboa > Celebrada na capital portuguesa o 13 de Decembro de 2007. O “Tratado de Lisboa”, asinado por todos os estados membros da Unión Europea (UE), substitúe  á Constitución para Europa tralo fracaso constitucional de 2004. Con este novo tratado, a UE pasa a ter personalidade xurídica propia para asinar acordos internacionais a nivel comunitario.

Fontes:

«Europa.eu» [En liña],  http://europa.eu/lisbon_treaty/glance/index_es.htm [Consulta: 3 de Novembro]

«Eurlex.eu» [En liña], http://eur-lex.europa.eu/es/treaties/dat/12007L/htm/12007L.html [Consulta 3 de Novembro]

-Informe Crick > Informe oficial sobre a educación de valores cidadáns na xuventude. Elaborado por primeira vez en Inglaterra por Bernard Crick, quen pretendía fomentar a responsabilidade social e moral, a implicación comunitaria e a cultura política.

Fontes:

«Educación para la Ciudadanía» [En liña], http://www.ciudadania.profes.net/ver_noticia.aspx?id=9992 [Consulta: 4 de Novembro de 2012]

-Programa Eurydice > Programa de aprendizaxe permanente cuxos obxectivos específicos son promover a cooperación europea en ámbitos que cubran dous ou máis subprogramas e impulsar a calidade e transparencia dos sistemas de ensinanza e formacións dos estados membros da UE.

Fontes:

«Ministerio de Educación» [En liña], http://www.educacion.gob.es/eurydice/que-es/beneficios.html [Consulta: 4 de Novembro de 2012]

Conclusión

Nunha valoración xeral e persoal do artigo, debo dicir que non estou de acordo con moitos dos puntos que trata (máis ben co dogmatismo co que os trata). A pesares disto, si recomendo a súa lectura e valoración, pois é moi interesante a forma na que pon de manifesto algúns síntomas padecidos polas sociedades actuais.
Concordo coa existencia desa “sobreinmunización” social que a poboación está adquirindo, e que nos fai pasar por alto moitos comportamentos que son realmente reprochables (xa non moralmente, senón no ámbito xurídico e legal). Acepto que a sociedade vai perdendo a capacidade de análise crítico, caendo nun dogmatismo perigoso e facilmente manipulable por políticos e medios de comunicación. Por outra banda, difiro bastante en todo o parágrafo dedicado á “tolerancia”, que me parece excesivamente doutrinal e demagóxico.
En xeral o autor expón o tema e os seus argumentos con claridade, o que facilita a súa análise e comprensión.