Milleiros de usuarios de
todo o mundo, ávidos de información sobre os máis diversos temas, escollen cada
día este buscador como o seu primeiro paso cara o coñecemento e a sabiduría.
Google.com é a páxina web
máis visitada de toda Internet (por riba de grandes competidores como Facebook
ou Youtube). Está considerado o mellor buscador de todos os tempos e permite a
millóns de persoas acceder a inxentes cantidades de información, de maneira
rápida e organizada. De feito, máis do 75% das búsquedas online que se realizan
no mundo fanse a través de Google Search. Isto supón un auténtico monopolio
informativo do que, por suposto, os seus propietarios sacan enorme proveito.
Google non é tan só un buscador, é publicidade, é negocio movido por intereses
persoais. Privilexia os seus produtos sobre terceiros para obter vantaxes baseadas
neste monopolio de búsqueda. Eles, e só eles, elixen o que podemos ver e o que
non, o que podemos atopar ou o que nos estará vedado. Non digo que isto sexa
malo, están no seu lexítimo dereito de facelo, pero nós, como futuros
documentalistas ou profesionais da información, estamos na obriga de fuxir das
fontes de información manipulables e sesgadas.
Por sorte, Google non é a
única opción. Yahoo, Ask ou Excite son tan só algúns dos nomes doutros buscadores
xeneralistas. Pero tamén destes deberiamos fuxir se o noso obxectivo é un
profundo traballo de investigación. Para iso existen os multibuscadores,
metabuscadores e buscadores especializados:
-Multibuscadores: Sitios que permiten a consulta simultánea en diversos motores de
busca e índices temáticos da rede a partir dunha consulta única, presentando os
resultados de cada motor ou índice por separado. Ofrecen un listado de
buscadores ou directorios aos que enviará esa consulta. O usuario pode elixir
incluso os sistemas que quere utilizar. Prima a exhaustividade sobre a
precisión, xa que o usuario atoparase cunha enorme cantidade de enlaces e
páxinas repetidas, e terá que revisar os
resultados de cada buscador ou directorio de forma separada.
-Metabuscadores: Solucionan a principal
dificultade dos multibuscadores, a devolución dos resultados separados por
motor de busca. Son instrumentos de busca de recursos que usan os índices de
varios buscadores para responder ás consultas dos usuarios. Recollen os
mellores resultados que ofrecen os motores de busca para unha consulta
específica. Filtran. Evitan a realización das consultas con distintas
ferramentas. Un metabuscador, polo tanto, xerará un único listado de páxinas
web que responden ás condicións de busca, incorporando no listado todos os
resultados obtidos e ordenados segundo un algoritmo propio, que soe ter en
conta a posición que ocupa a páxina nos resultados dos diferentes motores de
busca.
Exemplo: http://www.vivisimo.com
-Buscadores especializados: Sistemas
de información que actúan nun dominio concreto, con acceso a contidos de
calidade sobre esa área específica que hai na web. Funcionan sobre páxinas non
indexadas polos motores de busca xeneralistas e, incluso, na web invisible. Son
máis funcionais e cun maior potencial de busca. Desvantaxe, que hai que usar
distintos buscadores segundo o campo especializado, en función da temática.
Exemplo: http://www.search4science.as/
Lembrade, Google non ten
todas as repostas.
Bibliografía:
-Lamarca Lapuente, María
Jesús. “Tipos de buscadores” [en
liña]. Hipertexto. El nuevo concepto de documento en la cultura digital.
<http://www.hipertexto.info/documentos/tipos_buscador.htm> [Consulta: Novembro
2012]
-Lamarca Lapuente, María
Jesús. “Principales Buscadores” [en
liña]. Hipertexto. El nuevo concepto de documento en la cultura digital.
<http://www.hipertexto.info/documentos/princip_buscad.htm> [Consulta:
Novembro 2012]
-Martínez Sanz, Fco. Javier.
“Multibuscadores” [en liña]. Documentamania.
<http://usuarios.multimania.es/documentamania/multibuscadores.htm>
[Consulta: Novembro 2012]
-Pedraza,
Rafael; Codina, Lluís. “Motores de
búsqueda para usos académicos” [en liña]. Slideshare.net, 2009.
<http://www.slideshare.net/rpedraza/buscadores-academicos-v2> [Consulta: Novembro
2012]
No hay comentarios:
Publicar un comentario