Espazo creado para a asignatura de Documentación Informativa. Xornalismo (USC).

jueves, 15 de noviembre de 2012

Cómo avaliar fontes de información


Calquera fonte de información (impresa ou dixital) debe cumprir uns criterios mínimos de calidade e fiabilidade, que determinarán a súa validez e utilidade. É moi importante , tanto para o documentalista como para os profesionais da información, analizar os diversos parámetros que permiten distinguir e clasificar as fontes.

Os principais puntos a ter en conta son os seguintes:

Fontes impresas


-Autor: Que estea claramente determinada a autoría do documento e a súa responsabilidade na obra. Valórase que sexa un autor coñecido, con experiencia no tema, e a súa pertenza a algunha entidade que o acredite.
-Audiencia: É moi relevante coñecer o tipo de audiencia ao que se dirixe a fonte ou obra concreta, para saber se nos resultará útil oi non.
-Data: O período cronolóxico que abarca a obra tamén  é moi importante, así como a súa data de publicación (para saber se está actualizada ou precisa dunha nova perspectiva).
-Tipo de fonte: Resulta fundamental coñecer o tipo de obra coa que estamos tratando (sexa un libro, un artigo dunha revista científica ou divulgativa, un xornal, etc). As normas de cada editorial varían segundo o tipo de fonte. Nas revistas científicas, por exemplo, os artigos son revisados previamente por un comité de expertos na materia, mentres que nunha divulgativa só están revisados polo editor.
-Editor: Ao igual que no caso do autor, valórase que a fonte editorial sexa un especialista na materia, e estea acreditado por organismos oficiais (como universidades ou asociacións profesionais).
-Contido: Cando avaliamos a calidade da información  buscamos a precisión dos feitos. A información presentada debe ser verídica e relevante, desenvolvida de forma ampla e clara, utilizando argumentacións lóxicas e feitos documentados.

Fontes dixitais


-Autoría: É fundamental en calquera tipo de fonte. O responsable, sexa unha persoa ou institución, debe estar ben identificado e aportar credibilidade ao contido. Valórase de igual xeito a súa experiencia no tema, a posibilidade de contactar con el, as súas acreditacións profesionais, etc
-Contido: Debemos avaliar o nivel de profundidade que ten o recurso. Valorar si engade información valiosa, se cubre o tema con profundidade, se os feitos están contrastados e cita a bibliografía ou documentación utilizada.
-Navegación e acceso á información: É fundamental que a fonte dispoña dun sistema de navegación ordenada para que a información sexa facilmente accesible e recuperable. Sería valioso que aportara un sistema de búsqueda organizado e xerárquico, incluíndo índices temáticos do contido.
-Ergonomía: Que a utilización da información sexa fácil e cómoda, mantendo a uniformidade en temas de deseño, formato, fotos, cor,...
-Visualización agradable: Sempre é un punto a favor que non se precise de programas adicionais para visualizar os contidos e, si son necesarios, que sexan facilmente dispoñibles.
-Luminosidade: Presenza e calidade de enlaces externos (e que por suposto estean actualizados).
-Visibilidade (Non confundir con visualización): Número de enlaces que recibe de outros recursos, presenza de metaetiquetas, título da web na barra do navegador.

Bibliografía:
-New York University. Bobst Library. How to evaluate Information [en liña] < http://library.nyu.edu/research/tutorials/evaluate > [Consulta: Novembro 2012]
-Universidad de Málaga. Biblioteca. Autoformación: cómo evaluar fuentes de información [en liña]: http://www.uma.es/ficha.php?id=78348 [Consulta: Novembro 2012]

No hay comentarios:

Publicar un comentario